A bomba que destruíu Nagasaki

Por Jose Vieira

Nos encontramos neste local, coa nosa atención concentrada, nun crime que foi cometido, polo o imperialismo americano, o xoves, día 9 de agosto de 1945 e, que resultaba ser xa o segundo atentado, pois, o anterior fora levado a efecto o luns anterior.

Tamén queremos desde xa avanzar, que hoxe xa se sabe que os altos mandos militares xaponeses xa se estaban reunindo para pedir o armisticio e, como tal a súa rendición incondicional.

Situación que na altura os servizos secretos americanos e os altos mando militares sabían xa de sobra.

Como sabemos esta exhibición de forza bruta descomunal, foi un acto deliberado de demostración ao seu socio e aliado de entón a URSS, afirmando de quen mandaba era os EUA, pois, eran quen tiña o poderío nuclear e que por iso eran a potencia mundial indiscutíbel e seria quen ditaría as leis do armisticio.

(Non debemos esquecer que os EUA, fixeran deflagar no deserto de Alabama, no Novo México, no local de Alamogrande, unha bomba atómica de fisión o día 16 de xullo de 1945, que ficou coñecida como a operación Trinity, como ante-estrea, do que irían facer xa o día 6 de agosto e, repetindo o mesmo acto criminal, o día 9 do mesmo mes, masacrando o pobo xaponés)

Á cabeza da experiencia, denominada Manhattan, estivo como científico creador e coordenador e, como tal, o “padre” das bombas atómicas, o científico, Robert Oppenheimer.

Este non estivo só, pois, dirixiu un grande equipo de científicos de que destacamos entre outros, Niels Bohr, Otto Hans, Lise Meinert (parece que esta se auto excluíu de actuar de forma activa), Enrico Fremi, Richard Feynman, John von Neumann.

Tamén queremos destacar, que durante as experiencias laboratoriais para a produción das bombas, acabaron por morrer por deficiencias de seguranza, dous mozos científicos, do referido proxecto Manhattan.

Esta situación, de rendición inminente era evidentemente coñecida dos altos mandos americanos, o que torna aínda máis criminal esta súa actuación.

Para nós, este non foi só un crime contra a poboación xaponesa, mais tamén contra toda a HUMANIDADE (é un crime de lesa humanidade, en toda a regra.

Posta esta introdución, de xustificación ou razón deste acto de xusta HOMENAXE, a todas as vítimas de entón, así como, a todas as que ten sido masacradas, aos intereses inconfesábeis do imperialismo americano, desde entón.

Comezaremos este, co unhas palabras, dun dos científicos implicados, na creación teórica e científica das condicións prácticas, para que puidesen ser desenvolvidas o que vulgarmente chamamos de enerxía nuclear e, que deu orixe a bomba atómica, referimos a Albert Einstein, que posteriormente ás deflagracións a que nos referimos, parece que afirmou a seguinte sentenza: “sabemos cales foron as armas con que se combateron na primeira e na segunda grandes guerras mundiais, non temos a certeza das que se utilizarán na terceira guerra mundial, no entanto, temos a certeza de que na cuarta gran guerra mundial, serán utilizadas soamente pedras”.

Este prognóstico, que infelizmente parece axustado ao camiño que está a ser percorrido polo imperialismo americano, presionando a conflitualidade por todo o mundo como por exemplo, o caso da invasión da Ucraína pola Rusia, entre moitos outros, como os xenocidios efectuados contra os palestinos polos israelitas, co total apoio dos EUA, con vista a ser incontestábel a súa predominancia, como potencia dominante e, ao mesmo tempo, a ditadora das condicións de supervivencia do resto dos pobos, que se quedar ao seu exclusivo servizo.

Volvendo ao Xapón, foron então sacrificados, en 1945, non só os que morreron directamente do impacto inmediato das dúas bombas a primeira a 6 de agosto, sobre HIROSIMA, que foi unha bomba de fusión nuclear, denominada “Little boy” e deflagrada as 8,15 h locais e, a segunda sobre Nagasaki, designada como “Fat Man”, deflagrada às 11,20 h, bomba esta, que se tratou, da aplicación do sistema de fisión nuclear.

Desta actitude prepotente e criminal, resultaron que até ao final dese mesmo ano, que se contabilizasen entre 235.000 a 245.000, os mortos, causados directa e indirectamente por estas dúas bombas.

Non poderemos deixar de referir, a acción desenvolvida polo actual Secretario Xeral da ONU, ANTÓNIO GUTERRES.

Este SECRETARIO XERAL da ONU, en súas intervencións, quere na respetciva sede quere en traslados polo o Mundo, pois, a Organización de que é o máximo representante consta de cerca de 200 países, sendo e debendo ser, o máximo organismo para a SOLIDARIEDADE e PAZ no MUNDO, declarou que:

ESTE É O MOMENTO DE ACTUAR XUNTOS, PARA DE UMA VEZ POR TODAS SE PARE A DESTRUCIÓN DO PLANETA EM QUE VIVIMOS”, e mais adiante, pois, “está marcada, por entre outros conflitos, por unha criminal guerra na Ucraína”, esta está alimentada póla sede imperialista americana, apoiada por unha Europa, que de “xeonllos ao servizo do imperialismo americano e da súa organización criminal a OTAN, apoiando este autentico xenocidio as nosas portas.

Non debemos esquecer tamén a crise climática e, repetimos o xenocidio ao pobo palestino, sistematicamente efectuado polos israelitas, co apoio americano.

Á indispensábel renovación da propia Asemblea Xeral da ONU, reiterando a multilateralismo como única vía de solución e, de funcionamento, deste mundo em que vivimos, anulando os privilexios do Consello Permanente, da ONU.

Non podemos deixar de referir os “mea culpa”, que parecen xurdir, despois, do mal estar feito e, así, non faltaron os arrependimentos, como os protagonizados polo principal inventor das bombas atómicas criminais, pois, falamos de Robert Oppenheimer, que despois de ter feito deflagrar a primeira bomba experimental, na denominada operación Trinity, o día 16 de xullo de 1945, como enriba referimos, nunha declaración posterior, sita o texto indu Bhagavad-gita, en que afirma, “que agora se converteu na morte, destrutora de mundos, pretendendo manifestar o seu malestar, coa súa colaboración, en tan funesta descuberta.

Tarde falaches

Tamén nunha entrevista dada ao periódico ABC, en 1946, o mesmo Oppenheimer, expresou o seu pesar, reafirmando que se “convertera na morte do mundo moderno”.

Posteriormente se manifestou a favor do controlo das chamadas armas nucleares.

Non debemos esquecer a propaganda efectuada coa película Oppenheimer, que actualmente corre nas salas de cinema polo mundo. O poder do marketing…para dar uma imaxe o, mas amábel do crime e do científico.

Houben montes de ocasións para que o arrependimento fose realmente real, e non hipócritas actitudes, sobre todo por parte dos americanos e das súas organizacións criminais, coa OTAN por diante.

Así despois da crise dos misiles, instalados pola antiga URSS, en Cuba en 1962, para evitar unha eminente invasión americana a esta Lexitima Republica, durante a presidencia dos EUA, de John F. Kennedy, com este se firmou un tratado que ficou coñecido por Tratado ABM.

Á retirada dos msiles da URSS, os EUA, se comprometian a xamais invadir Cuba.

Pois os EUA, como proba de sua aceitacion do tratado, impuxeran un bloqueo, si fin, a respectiva illa de Cuba.

Este e outros tratados posteriores, se destinaron a controlar a expansión das armas nucleares, comezando polo firmado entre Richard Nixon e o secretario xeral do Comité Central da URSS, Leonid Brezhnev, a 26 de marzo de 1972.

Desde entón até a actualidade, se firmaron varias series de acordos coñecidos por “acordos START”, que eran destinados a conseguir a redución das armas estratéxicas (como, por exemplo, o asinado en 31 de xullo de 1991, entre George H. W. Bush e Gorbachov), pouco antes do colapso da URSS.

Cabe alertar, que sempre se romperon os acordos, case sempre por parte do EUA e, até este último START (houben tres máis START) e, despois da extinción da URSS, foron sempre desrespeitados, mas en exclusivo pelos EUA.

Tamén se efectuaron os chamados tratados SORT, con vista a redución dos armamentos nucleares.

Todo isto ten sido en balde, habendo actualmente 5 países, que eran e continúan a ser os detentores das bombas nucleares e, onde parece existir, teoricamente, algún control de oxivas e misiles nucleares, quere terrestres quere marítimos, son as chamadas potencias nucleares, que son os EUA, a Francia e o Reino Unido, que mantén entre si algún control recíproco, así como, a Rusia e a China e, que estas si, declaran as armas nucleares que realmente posúen, cumprindo os respectivos protocolos.

No entanto, estando fóra deste control, existen outros posuidores de armas nucleares, como son a India, o Paquistán, Correia do Norte e, sobre todo Israel,

Como podemos concluír, nos encontramos nun terreo esvaradizo, hoxe, por hoxe, pois, o país instigador de conflitos, son os EUA, que teñen como principal aliado un país que se encontra completamente fóra de calquera control e, está proseguindo o xenocidio da súa poboación árabe.

Falamos de Israel, completamente apoiada polos EUA e que está a eliminar todas condicións de vida do pobo palestino. E como non a Unión Europea, que é o escravo preferente dos americanos e da OTAN.

Perante este panorama de terror, en que nos encontramos camiñando sobre unha autentica corda de funámbulo, sobre un mundo en chamas, vimos pedir hoxe e sempre que as palabras da Revolución Francesa, liberdade fraternidade e solidariedade non sexan en balde e, que loitemos todos xuntos, para eliminar este imperialismo americano, para que sexa desactivado e eliminado o organismo criminal da OTAN e que finalmente a Unión Europea, deixe de ser un conxunto de países, servís e de xeonllos, escravizados ao servizo dos intereses criminais dos ESTADOS UNIDOS DA AMÉRICA DO NORTE, QUE DESEXA E ESTÁ A SER O PAI TIRANO DO MUNDO.

A MENSAXE É LIBERDADE SOLIDARIEDADE, FRATERNIDADE E SOBRE TODO IGUALDADE, EN QUE PODAMOS VIVIR EN PAZ, PARA QUE OS NOSOS FILLOS E NETOS SE PODAN COMPRACER DO MUNDO QUE DEIXAMOS

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.