A barbarie de Gaza e o relato dominante

Xa lograron establecer a falsa ecuacion Israel-Hamas, facendo desaparecer a palabra Palestina do escenario dos feitos e, xa que logo do xenocidio cometido contra ela polo estado de Israel.

Por Celso López Pazos

Esta barbarie de matarifes en Gaza, non é cousa da maldade de Netanyahu tal como está de xeito acelerado espallando o relato dominante.

Na miña opinión, é cousa da natureza mesma do estado de Israel dende a súa fundacion.

Ou é que Ben Gurion, Golda Meir, Simón Peres, Isaac Shamir, Menahen Begin Edu Barak, Levi Eskhol ou Ariel Sharon (que mandou asasinar a Arafat) non foron igual de asasinos?.

O relato dominante vai por ese lado; por responsabilizar do asasinato colectivo de CIVIS palestinos ao goberno de Netanyahu.

Os nosos sesudos analistas de referencia, moi ben pagados polo sistema, xa levan tempo metidos en faena para promocionar ese mantra e facernos aceptar un relato que coincida co discurso USA e da UE ergo co de israel.

Xa lograron establecer a falsa ecuacion Israel-Hamas, facendo desaparecer a palabra Palestina do escenario dos feitos e, xa que logo do xenocidio cometido contra ela polo estado de Israel.

É a vella tactica semántica xa empregada na antiga Iugoeslavia (a Otan bombardeaba a Milosevic), Libia (a comunidade internacional queria acabar con Gadafi), e Irak (os aliados convertian en escombros Iraq e destruían o Bagdad das Mil e unha noites, porque loitaban contra Sadam Husein).

A coartada moral era doada e fixo acubillo nos cerebros de moita xente decente premeditadamente mal informada (ou sexa, manipulada).

A moralexa ben extendida mantiña o discurso de que «nós non nos enfrentamos nin matamos palestinos, iugoeslavos, libaneses ou iraquies. Loitamos e bombardeamos a autenticos «monstruos» como Hamas, Milosevic, Gadafi ou Sadan. Nós non somos asasinos»
.
Agora lemos nos xornais e escoitamos en televisions e radios que hai dubidas sobre a autoria do bombardeo do hospital de Gaza.

Non se sabe quen foi o autor, din os grandes medios de comunicacion.

Non se sabe?

Como se pode soster isto tan á lixeira, cando calquera satelite sofisticado pode determinar, agora mesmo, a marca do meu reloxio de pulsera?

1. Creo que se sabe que foron os israelies. Por iso din que non se sabe quen o fixo.

2. Si se soubera que foron os palestinos ou houbera a mais minima sospeita de que foron eles, xa estariamos agora universalmente invadidos con esa noticia en radios, xornais e televisions en todo o planeta.

Pero esa certeza non a teñen ( porque non existe) e non queren cair nun desprestixio internacional de colosais dimensions, sobre todo, tal como están agora as cousas internacionalmente nos paises árabes e nos que non o son.

 

Se el primero en comentar

Dejar un Comentario

Tu dirección de correo no será publicada.




 

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.