![]()
As masas, mesmo as máis carentes de medios de subsistencia digna e humana, pasan para o chamado bando dos exploradores, non dando conta que foron obxecto dunha certa fraude económica, política e até ética.
Por Jose Vieira | 2/09/2025
Todos sempre recordamos algo, que antes ou tiñamos feito, ou dalgunha maneira, nos tiña chamado atención, pois, dalgunha outra maneira, saia do habitual.
Digamos que esas cousas que retemos nas nosas cabezas, teñen a ver con circunstancias, que dalgunha maneira, conseguiron dunha forma consciente ou non, se colar á nosa existencia.
Esas incorporacións á nosa bagaxe permanente, son como sedimentos dunha montaña que por efectos da pasaxe dos tempos, vanse acumulando, capa por capa e, no caso de dos montes, raramente asumen moi distinguidos materiais, que non sexan os máis próximos.
Estas capas, tamén designadas por sedimentos, serven como non podían deixar de ser, para nos dar historia, o máis real precisa das transformacións, da referida montaña ou do espazo, en que se acumulan eses materiais e, como tal, nos contan como foi a vida desa rexión, a súa idade e a súa riqueza ou polo contrario da súa pobreza.
Cando, por outro lado, nos referimos aos sedimentos que imos acumulando, momento atrás de momento, al longo da nosa existencia, tamén estamos a desafiar a nosa propia historia e, com non, a trazar o perfil, queiramos ou non, da nosa identidade.
Se conseguimos unha folla de rexistro desas achegas sedimentarias á praza da nosa existencia, o que conseguiriamos, é obter, un auténtico e fiábel billete de identidade.
Claro que no caso do ser humano, teremos varios tipos de sedimentos, uns que resultan ser froito dunha colaxe autenticamente inconsciente e, os que son resultado dunha aprendizaxe voluntaria e consciente.
Esta segunda, pode ser o resultado dun ensino obrigatorio até determinado curso e completado, iso si, por unha complementaria formación superior e, como tal froito dunha escolla, con determinado sentido de oportunidade práctica.
No caso da primeira, enriba referida, pode até resultar ser algo tan importante e, decisivo na estruturación do individuo, que inclusive, como que o conforme dunha maneira tal, para que veña a recibir a participación formativa voluntaria ou de obriga social, xa dunha forma completamente adaptada, a esa pre-formación sedimentaria.
Outra das consecuencias desa normal sedimentación, é que xamais para de se producir, mesmo cando non nos damos conta de que estamos a ser influenciados polo entorno, mesmo cando dalgunha maneira, até estamos de sobre aviso en contra calquera influencia do entorno.
Acontece que cando nos opomos contra ser influídos por unha determinada idea, forma de vida ou manipulados por un condicionamento calquera, xa estamos a recibir unha capa de información (sedimento), que non é outra cousa que non sexa a nosa oposición a algo que determinamos que non queremos.
Esta situación, é realmente o máis común das formas de como se estabelece e se fixa o coñecemento, consciente e o inconsciente en cada un de nós.
E queiramos ou non, este proceso se transmite de forma normal a través dese tal ser humano ao circulo en que vive e, desde este, se vai transmitindo de forma xeral, a toda a sociedade, próxima e, cos axustes habituais e, que nin sempre son fiábeis, se devolven de novo a unha figura concéntrica que fai recordar, os círculos que se desenvolven en aguas paradas cando se lanza unha obxecto, por exemplo, unha pedra, se estabelece desta forma unha información que por esta vía, se sedimenta.
Este é o proceso que os expertos da comunicación ao servizo dos partidos políticos, utilizan, na mellor das hipóteses e, de forma máis inocua. Pois, na maior parte das veces as ordes que reciben dos seus clientes (léase secretarios xerais, presidentes ou outros calquera políticos ao mando), impoñan que non interesa transmitir traxes, reais ou constatabades, mais si que se constrúan a partir de acontecementos casuais até non relevantes, mentiras descomunais, que até parecen verdades irrefutables.
Este traslado de informas falsas ou non, son dirixidas e colocadas a disposición de seren absorbidas por un correcto tipo de destinatarios, chamados os albos, que son, por certo obxecto dunha constante e cada vez máis influente preparación psicolóxica, para non se daren conta do que é verdade, do que é mentira.
Mas moi peor é que o proceso desenvolvido, é de tal maneira destorcido, que chegan os destinatarios albo, a crer “a pés xuntos”, que o que está en contra a súa propia identidade é o que lles convén.
Con esta estratexia desenvolvida e subvencionada polos máis ricos e poderosos deste mundo en que vivimos, son colocados, a través desas manipulacións preparadas e estudadas polos expertos na condución das masas, se transforman estas de tal maneira, que se colocan na posición antagónica aos seus intereses, quere persoais quere colectivos.
Esta é a volta que está a dar ao mundo, de tal forma que onde se dicía que era necesario, agora se considera superfluo.
Dito de forma pragmática, as masas, mesmo as máis carentes de medios de subsistencia digna e humana, pasan para o chamado bando dos exploradores, non dando conta que foron obxecto dunha certa fraude económica, política e até ética.
Para que se torne más claro e, transparente, basta recordar o comportamento dos políticos do Partido Popular e do Vox, en España, a autentica identificación coa extrema dereita do actual chanceler alemán, Friedrich Merz e, como non de Emmanuel Macron, presidente de Francia, e para terminar estas pequena nota, co deas norte e colaxe á extrema dereita europea, da señora Ursula Van der Leyen, seguindo as instrucións da primeira ministra italiana Giorgia Meloni e, servindo os intereses do mestre das imposicións manipuladoras o xefe dos atracadores de dilixencias, chamado Donald Trump.
Se el primero en comentar