O casino no que vivimos (V)
A España de hoxe, tal como a de onte, continúa a sufrir a síndrome dos asasinatos en serie e indiscriminados, conforme as ideas do xeneral Mola e executadas polo ditador. As mordomías dos ricos e importantes, que rexen este país, continúan a impor as súas ideas e intereses á gran maioría das masas silenciosas, que dunha forma “relixiosa” segue a procesión, elevando os himnos do conformismo até ao absurdo. Os gobernos só teñen coñecido un señor, o capital globalizado neoliberalista. E isto desde 1978 até hoxe.